videoxogo_gal/ Outubro 9, 2019

Xosé Manuel Rey Piñeiro, de Datalawyers, avogado especialista en videoxogos e un dos co-fundadores da asociación impartiu o día 7 de outubro un seminario no mestrado en Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos que a Universidade da Coruña imparte no Campus de Esteiro, en Ferrol, baixo o título “Aspectos legais dos videoxogos” onde o alumnado puido coñecer de primeira man os detalles legais da industria.