A Asociación ten coma fin representar os intereses económicos, culturais, sociais e profesionais das empresas e operadores independentes galegos que participan no sector do videoxogo e os contidos interactivos, nas súas diferentes aplicacións, ante os organismos públicos e foros de representación.

Os órganos de goberno e representación da Asociación son, respectivamente, a Asemblea Xeral e a Xunta Directiva.

Xunta Directiva:
Presidencia: Fernando Prieto (Gato Salvaje)
Vicepresidencia: Manuel Meijide (Mundos Digitales Transmedia)
Secretaría: Xosé Manuel Rey (Datalawyers)
Tesourería: Luz Castro (imaxin|software)
Vogal: Julio Fernández (Ficción Producciones)

Os OBXECTIVOS da Asociación son:

  • Potenciar e defender o talento creativo galego para lograr un sector o suficientemente grande para reter e potenciar a nosa propiedade intelectual
  • Favorecer o contacto entre os operadores pertencentes ao sector para obter sinerxias.
  • Promover e fomentar a industria Galega da produción de entretemento dixital.
  • Promover a produción de entretemento dixital como unha actividade relevante e innovadora dentro das industrias do lecer, cultura, industria 4.0 e tecnoloxías da información.
  • Fomentar a competitividade e a internacionalización das empresas Galegas dedicadas ao desenvolvemento de videoxogos e lecer interactivo.
  • Fomentar o desenvolvemento dunha industria sectorial ao redor da produción de entretemento dixital.
  • Fomentar a innovación, o desenvolvemento creativo e as capacidades en I+D+i do sector.
  • Fomentar o recoñecemento en Galicia e a súa contorna cultural do entretemento dixital como produto cultural.
  • Representar os intereses económicos, culturais, sociais e profesionais dos produtores galegos de software de entretemento fronte a organismos e foros de representación, tanto autonómicos, nacionais como internacionais.
  • Colaborar coas autoridades competentes e administracións en toda clase de traballos, estudos, investigación de mercados, propostas de lexislación, promoción e potenciación de actividades formativas, propostas de I+D e canto puidese ser necesario para contribuír ao desenvolvemento do sector e a súa achega ao conxunto de modernización do noso país no ámbito das Tecnoloxías da Información.

 

ACTIVIDADES

Para o cumprimento destes fins realizaranse, na medida que o permitan os seus medios económicos, sen carácter exhaustivo nin excluínte, as seguintes actividades, ben por si mesma, ben en colaboración con outras institucións ou centros, públicos ou privados:

  • Establecer servizos comúns de carácter técnico, formativo, informativo, xurídico, económico, social e de calquera outra índole que sexan necesarios ou convenientes para a mellor atención dos intereses da Asociación e os seus afiliados.
  • Asumir a representación das aspiracións empresariais do sector ante os órganos da Administración local, provincial, autonómica, nacional e internacional, ou calquera outro organismo.
  • Establecer as canles adecuadas para a ligazón e a creación de sinerxias entre as empresas asociadas e a cooperación coas universidades e centros de desenvolvemento tecnolóxico.
  • Promover e fomentar a creación e desenvolvemento de software e servizos interactivos de entretemento orientados ao desenvolvemento cívico, educativo e cultural das actuáis xeracións.
  • Dar a coñecer a verdadeira imaxe empresarial do sector, difundindo a mesma ante a opinión pública a través dos medios de comunicación.
  • Difundir a experiencia e internacionalización das empresas asociadas e promover a exportación dos produtos desenvolvidos por estas.
  • Fomentar, a través da produción de software de entretemento, unha industria creativa e cultural propia, facilitando as condicións de interlocución con administración autonómicas, nacionais e internacionais.
  • Fomentar a colaboración entre empresas do sector, promocionando e creando servizos comúns e de formación que repercuta en melloras sociais, económicas e de competitividade do sector e en especial dos asociados.
  • Promover unha “denominación de orixe” sinónima de calidade e innovación como unha forma máis de internacionalizar e promover a nosa cultura.
  • Promover modelos de organización, medios persoais e materiais adecuados, axudas que permitan garantir o desenvolvemento interno dos asociados para a súa evolución empresarial e apoio no cumprimento dos fins estatutarios comúns.
  • Propoñer directrices para unha mellor práctica das actuacións dos asociados. A súa aplicación tanto en produto como na imaxe de industria e fomento da investigación nas novas plataformas tecnolóxicas como ferramentas culturais e de promoción de valores para as xeracións presentes e futuras.