Ademais dos socios fundadores, dentro da Asociación existen as seguintes clases de socios:

Socio xeral, que será o que ingrese despois da constitución da Asociación. Debe ser presentado por polo menos outro socio xeral ou fundador. A cota anual é de 150€ e conta con 2 votos.

Socio en Formación, que será o que ingrese na asociación mentres cursa o seu ciclo formativo superior ou estudos universitarios. A cota anual é de 30€ e conta con 1 voto.

Socio Colaborador, Poden ser socios desta categoría todas aquelas empresas que, sen ser empresas do sector, queiran colaborar no desenvolvemento do sector do videoxogo e contidos interactivos. Non teñen dereito a formar parte da Asemblea e por tanto, tampouco da Xunta Directiva. Esta categoría de socios abonará a cota de inscrición e periódica establecida en Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva e que pode ser distinta da establecida para o resto dos socios.

Socio Institucional, que serán aquelas entidades do sector público, que o soliciten.

Enche o formulario para asociarte. Poñerémonos en contacto contigo para confirmar e completar os teus datos.