Poderán ingresar como membros da Asociación calquera persoa xurídica ou física, sempre que fose aceptada pola Xunta Directiva en base aos seguintes criterios:

  • Sede social ou actividade profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter como unha das súas principais actividades a produción, creación e desenvolvemento de software de entretemento ou participar a nivel profesional na cadea de valor do sector do videoxogo ou os contidos interactivos.
  • Integrar un equipo independente de desenvolvemento de videoxogos, que sen estar constituído como empresa, poida acreditar de forma fidedigna o desenvolvemento da actividade propia do obxecto da presente asociación.
  • Estar a cursar algún ciclo formativo ou universitario relacionado co sector obxecto da asociación.
  • Acreditar de forma fidedigna o desenvolvemento da actividade propia do obxecto da presente asociación e cumprir os requisitos que esixa a lexislación de aplicación no momento de solicitude.
  • No caso de duas ou máis sociedades pertencentes a un mesmo grupo, de modo que exista unidade de decisión, porque algunha delas de calquera modo ostente ou poida ostentar, directa ou indirectamente, o control das demais, só poderá ser asociada unha delas.
  • No caso daquelas persoas físicas vinculadas de forma societaria ou laboralmente a unha persoa xurídica que sexa socia, non poderán á súa vez ser socias.

Dentro da Asociación existen as seguintes clases de socios:

  • Socios fundadores, que son aqueles que participen no acto de constitución da Asociación.
  • Socio xeral, que será o que ingrese despois da constitución da Asociación. Para acceder á condición de socio xeral haberá que abonar unha cota de inscrición que será aprobada en Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva. Debe ser presentado por polo menos outro socio xeral ou fundador.
  • Socio en Formación, que será o que ingrese na asociación mentres cursa o seu ciclo formativo superior ou estudos universitarios.
  • Socio Colaborador, Poden ser socios desta categoría todas aquelas empresas que, sen ser empresas do sector, queiran colaborar no desenvolvemento do sector do videoxogo e contidos interactivos. Non teñen dereito a formar parte da Asemblea e por tanto, tampouco da Xunta Directiva. Esta categoría de socios abonará a cota de inscrición e periódica establecida en Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva e que pode ser distinta da establecida para o resto dos socios.
  • Socio Institucional, que serán aquelas entidades do sector público, que o soliciten.

Socios Fundadores: