ASOCIACIÓN

Videoxogo.gal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como espazo de encontro, visibilización e interconexión de tódolos profesionais e empresas creadores de videoxogos e contidos interactivos de Galicia. 

Aspiramos a converternos nunha canle común de representación a través da cal demandar atención ás necesidades específicas do noso sector ante organismos tanto públicos como privados.

Do mesmo xeito, queremos ser a casa de saída onde se dean a coñecer os futuros profesionais, tanto persoas en formación como empresas nacentes.

As cotas da asociación invístense na organización de eventos e actividades que aporten valor ao sector. 

En resumo, queremos contribuír a construír un tecido industrial diverso e estable na nosa comunidade.

Podes consultar os estatutos completos nesta ligazón.

XUNTA DIRECTIVA

Director de proxectos de Gaming Educativo

Presidencia

LUA Gaming

Vicepresidencia

Guionista e Músico / Widijou

Tesourería

Tradutora, Correctora, Docente e Investigadora

Secretaría

Programador e Deseñador en Horreo Games

Vogalía

Tradutora e Localizadora (EN-FR-ES-GL)

Vogalía

Tradutora e Localizadora (EN-FR-ES-GL)

Vogalía

Technichal artist e FX artist

Vogalía