Este 18 de marzo pecha o prazo para aplicar á 4ª edición do Programa de Preincubación 2024 de Level Up.
O programa busca axudar a estudos independentes, emprendedores mozos, estudantes ou profesionais que buscan facerse un camiño na industria dos videoxogos. Trátase dun proxecto de 10 meses de duración nos que os escollidos terán acceso a formación, mentoring e un pequena axuda de 1000€ unha vez constituída a empresa.
Todo esto inclúe sesións e formación online e en directo; mentorías semanais en competencias específicas levadas a cabo por profesionais do sector; orientación no proceso de crear e consolidar unha empresa e todo o que esto implica legalmente; e a asistencia a eventos de desenvolvemento.
O programa duraría dende o 8 de abril ao 15 de decembro.
Para máis información, recomendamos acudir á súa páxina e ver o seminario informativo sobre esta 4ª edición.