A Muller na Nova Industria Dixital

O pasado 6 de marzo, a nosa vogal Concepción González participou no evento “A Muller na Nova Industria Dixital” en representación da nosa asociación. Esta mesa aberta de debate, organizada no IES Félix Muriel de Rianxo, foi unha excelente oportunidade para reflexionar sobre o papel da muller na vida laboral e os retos que aínda existen na industria tecnolóxica e dixital.

Durante o debate abordáronse cuestións fundamentais como a perspectiva de xénero no mundo laboral, os prexuízos e dificultades que as mulleres seguen atopando na industria dos videoxogos, así como a súa representación e tratamento nas redes sociais. Estas conversas resultaron enriquecedoras e puxeron de manifesto a importancia de continuar traballando pola igualdade de oportunidades no sector.

Queremos agradecer especialmente a Conchi pola súa participación e compromiso, así como a todas as persoas asistentes que contribuíron a facer desta mesa de debate un espazo de reflexión e aprendizaxe. Seguiremos traballando para visibilizar e apoiar o talento feminino na industria dixital!