Faltan poucas semanas para o Día das Letras Galegas (17 de maio), e este ano estará adicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista. A autora coruñesa posúe unha extensa obra de poesía, teatro, narrativa e ensaio, facendo inda máis terrible o seu falecemento prematuro con só 46 anos.
En honor a ela, mastodon.gal decidiu organizar unha jam na que o obxectivo será reivindicar a cultura galega. A Amorodo Jam 2024 terá lugar entre o 12 e o 20 de maio, e aceptará calquer traballo de soporte dixital (imaxe, documento de texto, son, vídeo ou videoxogos). Ademáis, trátase de unha Jam aberta sen premios, nen xurado, nen votacións.
A temática a incorporar nos proxectos será revelada polo organizador no día en que comece o evento, aínda que é máis unha recomendación que unha obriga.
Tod@s @s interesad@s en participar poden acudir a páxina do evento en itch.io.
Só queda un mes para que comece o #AmorodoJam24, unha jam aberta coa que promocionar e reinvindicar a cultura galega. Preparen os seu motores de videoxogos, libros, cuadernos, e demáis para o 12 de maio as 12:00 h.
— 🍓 Amorodo Jam 2024 (@AmorodoJam) April 7, 2024
Máis info: https://t.co/cNuk19jTXZ