O 20 de maio terá lugar en Santiago de Compostela o terceiro encontro de Café e Videoxogos. O evento comezará ás 11:00h no Cine Numax co visionado do documental Aterrizando Blasphemous e despois iremos xantar (haberá churrasco e opcións vegana e vexetariana).

O prezo da comida é de 20€ e para asistir é necesario inscribirse no formulario de https://cafeyvideojuegos.com/. Na páxina tamén podedes ver un vídeo explicativo con todos os detalles, no que fala Jesús López, o organizador.