Xerme de Acariño Games participa na Ñ3, a conferencia de videoxogos de España e LATAM
Xerme, o primeiro proxecto interactivo de Acariño Games foi un dos títulos que participaron en Ñ3, a conferencia de videoxogos de España e Latinoamérica promovida polo streamer Yuste. Nas redes podemos comprobar as reaccións ao xogo. Segundo os creadores foi unha experiencia marabillosa e destacan que tivo moito máis impacto que calquera feira anterior, subindo […]
Os “Videoxogos con ADN galego” no Faro de Vigo
O Faro de Vigo produciu un interesante artigo sobre o sector dos videoxogos en Galicia, no que fala das distintas propostas de desenvolvemento que hai na nosa comunidade. En tres páxinas, explora os traballos de Purpure Studio (Evering), o desenvolvedor en solitario ViJuDa (Super Woden GP) e o noso socio, PolygoneStudios. Deste último, menciona CrickToGame […]
LUA Gaming debutará na primeira división de Superliga o 22 de maio
O equipo galego LUA Gaming, socio de videoxogo.gal, debutará esta semana na primeira división da Superliga LVP, a máxima categoría de League of Legends no territorio español. O club de Iago Aspas e Ana Peleteiro demostrará a súa valía fronte a equipos xa establecidos, como o Barcelona, Team Heretics, Giantx ou o Movistar Koi de […]
Xornada “Power Up: Videoxogos Aplicados e Persuasivos” en Ferrol
O venres 10 de maio, o Centro Torrente Ballester acollerá unha nova xornada “Power Up: Videoxogos Aplicados e Persuasivos”, organizada polo Campus Industrial de Ferrol. O evento é coordinado polo Máster de Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC, e conta coa colaboración do Concello de Ferrol. O obxectivo principal da xornada é invitar […]
O Campus Industrial de Ferrol súmase ao proxecto InterGames
A UDC participará no proyecto Erasmus+ Incorporating Interdiscipinarity in Secondary School Education Using Conflict Video Games (InterGames). O seu obxectivo principal é mellorar os plans de estudo da educación secundaria en Europa, así como as capacidades dos alumnos e docentes, coa introdución de enfoques interdisciplinares a través de videoxogos de conflito. Este esforzo colaborativo busca […]
Amorodo Jam 2024, unha celebración da cultura galega
Faltan poucas semanas para o Día das Letras Galegas (17 de maio), e este ano estará adicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista. A autora coruñesa posúe unha extensa obra de poesía, teatro, narrativa e ensaio, facendo inda máis terrible o seu falecemento prematuro con só 46 anos. En honor a ela, mastodon.gal decidiu […]
GameOn, a nova campaña de Games From Spain
Coa colaboración do Ministerio de Cultura, a marca Games From Spain invitou todos os estudos do sector dos videoxogos a participar na súa nova campaña GameOn. Baixo o lema “¡2024 é o ano dos Xogos Desde España! ¿Uniraste a xogar connosco?”, GameOn ten como obxectivo aumentar a visibilidade dos estudos e videoxogos españois no estranxeiro, […]
Cristina García Aradas en Mundos Digitales 2024
Xa queda menos para Mundos Digitales 2024 e a conferencia comezou a revelar algúns detalles das súas actividades e planificación. A través de redes, a conferencia de Animación, Efectos Visuais e Novos Media confirmou a participación dunha das nosas socias, Cristina García Aradas, tamén coñecida como “Mapache”. A desenvolvedora de videoxogos e actual Lead Level […]
O Galiverso dos Museos na Cidade da Cultura
A partir desta semana, o Museo Centro Gaiás porá á disposición dos visitantes unha nova experiencia interactiva de realidade virtual, O Galiverso dos Museos. A través dos lentes, poderán visitar os 11 museos que compoñen a Rede Galega de Museos da Xunta dende a propia Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. O Museo de […]
Café y Videojuegos regresa este 6 de abril
A sexta edición de Café y Videojuegos celebrarase o 6 de abril en Santiago de Compostela. Pese a que inicalmente ía celebrarse o 9 de marzo, aprazouse por motivos persois de seu organizador, Jesús López. ¿En qué consiste? Café y Videojuegos é un encontro social para comer e conversar. O evento trata de organizar un […]