Colaboración Videoxogo.gal e Longa Music Lab

Mesa de edición musical

Videoxogo.gal e Longa Music Lab acaban de firmar un convenio de colaboración para ofrecer vantaxes aos nosos socios.

O pasado 21 de marzo, Videoxogo.gal e Longa Music Lab firmamos unha colaboración conxunta entre ambas entidades. Longa Music Lab é a escola de producción musical fundada pola vilagarciana Vicky Longa, quen proporciona cursos de especialización en producción musical, ademáis de clases personalizadas e asesoramento continuo con profesores e colaboradores de gran nivel no panorama nacional e internacional.

Este novo convenio ofrece un desconto do 10% aos nosos socios na contratación dos seus servizos en producción musical, ademáis da colaboración en charlas, obradoiros e conferencias con Longa Music Lab. Esta nova oportunidade ven do compromiso de potenciar e reforzar os fortes lazos entre disciplinas tan unidas como é o mundo do videoxogo e da música, ademáis de poder contar co apoio conxunto de entidades da nosa comunidade.

Se eres socio de Videoxogo.gal, e estás interesad@ en aproveitar esta oferta, deberás contactar a Longa Music Lab a través da dirección de correo electrónico info@longamusiclab.com, indicando a túa condición de asociad@.