Convenio de colaboración entre Videoxogo.gal e ByB Asesores

Dende Videoxogo.gal temos o pracer de anunciar a sinatura dun novo convenio de colaboración coa asesoría byb asesores (Baeza Barrantes, S.L.), co obxectivo de ofrecer vantaxes exclusivas aos nosos socios no ámbito da asesoría fiscal, contable e laboral.

byb asesores é unha entidade especializada na prestación de servizos de asesoría fiscal, contable e laboral, con ampla experiencia no apoio a empresas tecnolóxicas e culturais. A súa sede atópase na Rúa Peregrina, nº 22, entresuelo, 36001, Pontevedra.

Que beneficios ofrece este convenio?
    • Descontos do 10% nos servizos de xestión contable e fiscal.

    • Optimización fiscal especializada para empresas que venden videoxogos en plataformas dixitais como Steam, PlayStation Store, Xbox, App Store ou Google Play.

    • Descontos do 10% en servizos laborais, como a xestión de nóminas e contratos, así como asesoramento na contratación de persoal nacional e internacional, incluíndo teletraballadores.

    • Adaptación á normativa para freelancers e colaboradores externos.

    • Webinars exclusivos sobre fiscalidade, contabilidade e financiamento no sector dos videoxogos.

    • Primeira consulta gratuíta sobre calquera tema fiscal, contable ou laboral.

Como beneficiarse do desconto?

As persoas e entidades interesadas deberán contactar con byb asesores a través do correo electrónico info@bybasesores.es, indicando a súa condición de asociados a Videoxogo.gal.

Se tedes dúbidas ou queredes saber máis, podedes escribir coma sempre a info@videoxogo.gal.