Convenio de colaboración entre Videoxogo.gal e Datalawyers

Videoxogo.gal e o seu socio Datalawyers reúnense para asinar unha colaboración entre ámbalas dúas entidades. Datalawyers é unha boutique xurídica con máis de 20 anos de experiencia, especializada nos negocios de entretemento, como é o caso do sector audiovisual e de videoxogos.

Con este novo acordo, Datalawyers ofrece a toda a xente asociada de Videoxogo.gal un 10 % de desconto na contratación de desenvolvementos e publishing. Ademáis, ofrécese unha consulta xurídica de balde ao ano aos devanditos asociados. Para aproveitar esta oferta, se xa eres socio, tes que contactar con Datalawyers a través da dirección de correo electrónico xmrey@datalawyers.com indicando a túa condición de membro da asociación.