Convenio de colaboración entre Videoxogo.gal e Vermislab

Hoxe temos o pracer de anunciar a sinatura dun convenio de colaboración con Vermislab, un espazo referente na educación creativa e tecnolóxica con sede en Santiago de Compostela. Este acordo supón un paso máis na nosa misión de fortalecer o tecido profesional e industrial do sector, conectando ás nosas entidades asociadas con axentes clave da innovación e o coñecemento.
Que beneficios ofrece este convenio?
Desconto do 10 % para socios en tódolos servizos de Vermislab para as entidades asociadas a Videoxogo.gal. Unha oportunidade ideal para acceder a formación, obradoiros ou actividades especializadas en deseño, tecnoloxía e creatividade.
Organización conxunta de charlas, obradoiros e conferencias, aproveitando o espazo e os medios de Vermislab.
Colaboración en eventos de referencia como a Maker Faire, onde poderemos estar presentes e participar activamente.
Como beneficiarse do desconto?
As entidades asociadas interesadas só teñen que contactar con Vermislab a través do correo admin@vermislab.com, indicando a súa condición de socias de Videoxogo.gal. O desconto aplicarase sobre o prezo ordinario vixente no momento da contratación.
Se tedes dúbidas ou queredes saber máis, podedes escribir coma sempre a info@videoxogo.gal.