Faite soci@ para apoiar o fortalecemento da industria do videoxogo e contidos interactivos en Galicia.
Sumándote a este impulso colectivo, poderás participar con voz e voto nas asembleas de videoxogo.gal, recibir asesoramento profesional especializado, aproveitar os recursos profesionais e a axenda de eventos, recibir o boletín de novidades relacionadas co sector dos videoxogos, gozar de descontos en xornadas e actividades, etc.

A Asociación ten coma fin representar os intereses económicos, culturais, sociais e profesionais das empresas e operadores independentes galegos que participan no sector do videoxogo e os contidos interactivos, nas súas diferentes aplicacións, ante os organismos públicos e foros de representación.


ESTUDANTES E NOVOS AUTÓNOMOS

Cota anual reducida de 30 euros para estudantes de ciclos medios ou superiores relacionados co sector dos videoxogos (desenvolvemento / marketing / propiedade intelectual / deseño de arte), e autónomos de ata de 12 meses de antigüedade.