DeVuego GAL é unha base de datos na que se recollen todos os videoxogos que se desenvolveron en Galicia.
Na súa web podemos atopar todos os estudos e proxectos en galego, os que xa están publicados, os últimos lanzamentos e os proxectos en desenvolvemento actualmente.
Premendo en cada proxecto podes ver o seu nome, os seus desenvolvedores, artigos publicados en DeVuego ou noutros medios, data de lanzamiento, xénero do videoxogo, información sobre o mesmo e as súas redes e sitios de contacto.
Neste momento cóntanse 13 proxectos galegos en marcha:
– A bot to the top – Midnight Coffe (2023)
– Nova: Cloudwalker’s Tale – Racoon & Sheep (2023)
– Summer Trip Cruise – Gius Caminiti (2023)
– Super Woden GP 2 – ViJuDa (2023)
– Therefore – Trim Tangle (2023)
– AMPER – The Boltage Studio
– Avoo – Iseltec
– Azra – Team Panda
– Crisis Crunch – Trim Tangle
– Deadvivors – Enxebre Games
– MoonSprings – Holy Chilli Games
– Rai – Wood Games
– [AREA – [1.1.1]] The Unexpected descendant – Darkore Studios
Queremos amosarlle o noso agradecemento a DeVuego GAL pola facilidade e comodidade que nos ofrece, así como lembrar que a través do seu Patreon podedes prestar un gran apoio.