O estudo sobre os estereotipos, roles, e relacións de xénero: diagnóstico e solucións para promover cambios na industria do videoxogo é un proxecto da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) realizado pola Asociación Cultural Arsgames.

Trátase dun diagnóstico detallado do estado da industria do videoxogo en España.

Os datos demostrados no informe son os seguintes: as mulleres nas empresas do sector sitúanse arredor do 40% e, principalmente, dedícanse a tareas de localización, marketing e produción.

O 40% das empresas non teñen en marcha protocolos de acoso. Ademais, a violencia contra as mulleres está tamén nos videoxogos multixogador en liña. Isto reflíctese nas seguintes porcentaxes: o 59% de xogadoras esconden o seu xénero para evitar o acoso, e o 77% das mulleres teñen que tratar con comentarios non desexados. Hai un crecemento do acoso online, considerando que o ano anterior era do 81% e hai dous anos do 74%.

Para rematar, destácase que as personaxes femeninas dos videoxogos son só o 16%, mentres as masculinas constitúen o 37%.

No estudo ofrécense diversas solucións e boas prácticas para empresas e entidades, como crear axudas para o incremento do número de mulleres na industria, fomentar equipos máis diversos, que as empresas conten cun plan de igualdade, protocolos de actuación efectivos, etc.

Tamén se propón a xeración de contidos libres de sexismo e a posibilidade de contar con profesionais especialistas en temas de xénero. Nos xogos en liña é unha boa opción establecer protocolos claros para evitar o acoso.