Cargando eventos

« Todos os eventos

Culturgal 2026: Feira das Industrias Culturais Galegas

Novembro 27 - Novembro 29
Entrada libre
Público na feira Culturgal de Pontevedra

19ª edición da feira das industrias culturais galegas no Pazo da Cultura de Pontevedra: libro, música, audiovisual, artes escénicas, cómic e videoxogo. Dirixe Camilo Franco por cuarto ano consecutivo, cun convenio da Xunta de 90.000 €.

O videoxogo ten espazo propio desde hai anos: na edición de 2025 acolleu a Mostra de videoxogos desenvolvidos en Galicia de Videoxogo.gal, a presenza do Museo do Videoxogo (MUVI), unha charla sobre preservación do videoxogo galego e un obradoiro sobre game jams.

Entrada libre ao recinto feiral. O programa de 2026 aínda non está publicado: a web segue amosando o de 2025 e adoita presentarse xa moi preto das datas. Os prazos de reserva de posto para expositores pecharon o 31 de agosto e o 15 de setembro.

Web oficial: cultur.gal

Detalles

Recinto

  • Pazo da Cultura de Pontevedra
  • Rúa Alexandre Bóveda, s/n
    Pontevedra, Pontevedra 36005 España

Protagonista