- Este evento pasou.
Mundo Otaku Arteixo 2026
Setembro 19 @ 11:00 - Setembro 20 @ 20:00
Gratuíto

Terceira edición da feira de cultura xaponesa e ocio dixital de Arteixo, organizada pola Concellería de Xuventude co apoio de Eventi. Dous días de anime, manga, cosplay, K-pop e, sobre todo, videoxogos.
No apartado gaming conta cunha zona de xogo libre e con catro torneos de xogos de loita, retro e actuais, en colaboración con Legión Gamer, con títulos como Tekken, Dragon Ball FighterZ, Guilty Gear Strive ou Granblue Fantasy Versus Rising.
Horario: de 11:00 a 20:00 os dous días. Entrada libre e de balde ata completar aforo.
Web oficial: mundootaku.es/mundo-otaku-arteixo-2
