Odisea Indie Game Fest 2026

Espazo dedicado ao videoxogo independente dentro do ExpOtaku da Coruña: estudos, equipos de estudantes e desenvolvedores en solitario mostran os seus proxectos xogables ao público durante toda a fin de semana. O público proba os xogos e vota, e entréganse os premios de Elección do Público, Mellor Stand e Mellor Xogo Estudantil.
Organizan Tono Gundín, Pablo Nistal e Manuel Otero, en colaboración con Videoxogo.gal, ACADEVI, ADEVI e un grupo de persoas voluntarias.
O prazo de inscrición para desenvolvedores xa está pechado e as prazas están case cubertas. Por agora hai 18 estudos anunciados: Alejandro Jiménez, Ardora Collective, Azulón Dev, Black Hat, Donna the Firebreather, Forbidden Candy, Hermétika Esotérika, Holy Carrot, Klayerama, L.E.O., Nine Bites, Ninguen Studio, Noclut Games, Not For You Games, VALCA Games, Velaria Studio, Widijou (Golpes y Porrazos) e Zhirk.
Para o público, o acceso está incluído na entrada do ExpOtaku.
Web oficial: odiseaindie.com · Redes: @odisea_indie
