- Este evento pasou.
XGN Intermax 2026 (26ª Xuventude Galicia Net)

A maior party de tecnoloxía e ocio dixital de Galicia chega á súa 26ª edición no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda, organizada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude co patrocinio de Intermax. Esta edición chámase «World Champions Edition», cun guiño ao Mundial de fútbol e actividades e competicións arredor del.
Inclúe competicións de esports en PC e consola, torneos de modding e hardware, creación de arte dixital, software libre, charlas e obradoiros de intelixencia artificial e desenvolvemento, con conexión de ata 40 Gbps.
Zona Intranet (LAN party con acampada): 40 €, 1.024 postos, accesible os tres días e con preparty o 8 de outubro ás 16:00. As reservas van por orde de chegada desde o 15 de setembro. Devolucións: 30 € ata o 1 de outubro e 20 € do 2 ao 6.
Zona Extranet: de balde e aberta ao público, pero só o 9 e o 10 de outubro, de 10:00 a 20:00; o día 11 xa non abre. O cartel de torneos e as conferencias aínda están por anunciar.
Web oficial: 26.xgnintermax.gal
