Mapache G. Aradas

Actividade:

Deseñadora de niveis.

Biografía:

Cristina García Aradas exerce actualmente como Lead Level Designer no videoxogo Smalland: Survive The Wilds, desenvolvido por Merge Games Ltd. No pasado, participou como Level Designer no videoxogo The Waylanders. Antes de centrar a súa carreira no sector dos videoxogos, traballou en series e longametraxes de animación 3D nos departamentos de Producción e Layout.

Foi contratada na Universidade da Coruña como Interina de Substitución polo Departamento de Enxeñaría Civil no ámbito de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría para exercer como docente en asignaturas relacionadas co sector dos videoxogos como, por exemplo: Desenvolvemento de Videoxogos II ou Desenvolvemento de Personaxes. O seu período en activo dentro da UDC abarcou dende o ano 2021 até finais do 2023.