Maxina é unha empresa audiovisual de Santiago de Compostela que opera na difusa liña entre arte e tecnoloxía, pero sempre tendo presente a creatividade como principio. Os seus traballos abranguen desde experiencias inmersivas con VR/AR ata proxectos creativos no ámbito do cine, publicidade ou eventos, incluíndo tamén a visualización e virtualización do patrimonio galego, así como efectos visuais e posprodución.