A poliédrica figura de Afonso X, o potencial cultural das Cantigas de Santa María ou a Idade Media son os temas que o Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa asociación Videoxogo.gal , propoñen para a realización ou ambientación dun videoxogo. Para iso convocan unha Game Jam a través da plataforma itch.io que estará aberta ata o día 22 de marzo. O título gañador recibirá un premio de 250 euros. A proposta é unha das actividades complementarias da exposición “Afonso X e Galicia” que se pode visitar na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela ata o día 24 de abril. Máis información e bases en: https://itch.io/jam/afonso-x-e-galicia