GHRELO JAM. A game jam dos creativos galegos, do 10 ao 23 outubro, con 1.500 euros en premios.
Arroutada!!! Pero, ¿qué é unha Game Jam? Unha game jam é un encontro de desenvolvedores que ten como propósito a creación de videoxogos nun corto prazo de tempo. Os participantes, individualmente ou por equipos, adoitan estar especializados en unha ou varias disciplinas: programación, deseño, arte, música, etc. As game jams están orientadas sobre todo á creación de videoxogos.
Ghrelo Jam busca reunir á comunidade creativa galega para facer un bo caldo de videoxogos facendo equipo con outros artistas visuais, programadores, músicos, produtores, deseñadores, etc. Unha semana enteira para facer o xogo, co obxectivo de que sexa unha jam pouco agresiva, breve e non faga tirarse dos ghrelos. A ilustración de Xosé Geada recolle á perfección a esencia enxebre do evento.
Premios. Mellor xogo: 750 euros. Mellor arte: 750 euros
Exercerá de “mestre de cerimonias” Kunda da Silva, que fará a presentación, os directos probando os xogos participantes e a clausura, dende a canle de Twitch de @DeVuegoGAL. Kunda da Silva, orixinario de A Coruña, é actor de voz, especializado en videoxogos en DeVuego, portal de actualidade do sector. Estreouse co xogo galego “Super Wooden GP” e prestou á súa voz a títulos coma “Minabo”, “Inframundo” ou “Oxide Room: 104”.
Axenda Ghrelo Jam en Twitch DeVuego:
- 10 outubro – Presentación do evento e do tema
- 16-22 outubro – Streaming. Proba dos xogos por Kunda da Silva
- 23 de outubro ás 18:00 – Anuncio dos xogos gañadores
Xurado:
Miguel Areán. Con máis de 25 anos de experiencia no sector TIC, é vogal de videoxogo.gal e DEV (Asoc. Española de Empresas Productoras y Desarrolladoras de Videojuegos). Socio fundador de Polygon-e estudio.
Antonio Seoane. Coordinador académico e profesor de deseño do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña. Máis de 10 anos de experiencia en animación 3D e efectos especiais, deseño de proxectos de realidade virtual e simulación.
Jorge Peral é un ilustrador e artista 2D da Coruña e concept artist en Abylight Studios. Máis de 11 anos traballando no eido da ilustración e seis adicado ó sector do videoxogo, publicando xogos como Drawn to Life: Two Realms, Uniwar ou SuperMash.
Organiza: AGPI (Asociación Galega de Profesionáis da Ilustración)
Colaboran: Videoxogo.gal e Universidade da Coruña