Chega o Indie Arena Booth 2023 e o prazo de inscrición estará aberto ata o 25 de abril.
A Gamescom terá lugar entre o 23 e o 27 de agosto.
Este evento é unha grande oportunidade para os estudios independentes, porque haberá moitos consumidores que poderán dar feedback e outras empresas coas que establecer contactos e facer negocio, ademais de contar cun gran xurado, profesional e especializado.
![](https://videoxogo.gal/wp-content/uploads/2023/04/indieArenaBooth-1024x424.jpg)
Games Made in Europe
Indie Arena Booth asociouse con Games Made in Europe, que é unha organización dedicada a apoiar a industria europea dos videoxogos, proporcionando conexións comerciais, formación e traballando na súa rede.
Este acontecemento combinará un evento de venda en Steam e unha trasmisión en directo de Twitch con influencers europeos. Ademais, ten como obxectivo proporcionar coñecemento empresarial e dar oportunidades para as empresas europeas de videoxogos.
Contarán cunha clase maxistral de dúas horas e un evento dixital en colaboración con MeetToMatch.
Dito evento terá lugar entre o 25 e o 28 de maio.
![](https://videoxogo.gal/wp-content/uploads/2023/04/gamesMadeInEurope-1024x576.jpg)