A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal únense para celebrar unha jam de videoxogos online do 18 ao 25 de xullo co obxectivo de fomentar o espírito creativo e o interese polo desenvolvemento de videoxogos.
A Universidade da Coruña conta cunha importante oferta para a formación de profesionais orientados á industria dos videoxogos. En 2018 púxose en marcha o Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos, un máster público e oficial de dous anos de duración que se encontra ubicado na Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro en Ferrol. As Meninas de Ferrol dan nome a este evento, e a cidade inspira algúns dos temas propostos para a creación dos xogos. A temática definitiva será escollida por votación entre os participantes da jam ao inicio do evento.
Máis información na web do evento: https://meninasjam.wordpress.com