Mundos Digitales, un dos máis importantes congresos de Animación, Efectos Visuais e Novos Media, celebrará unha nova edición entre o 4 e o 6 de xullo, en Palexco (A Coruña).

Contará co Festival Internacional de Curtametraxes de Animación, así como coa súa Feira de Emprego. Este ano o “prato forte” serán as Produccións Virtuais en tempo real para producións Broadcast.

Xa están á venta as entradas anticipadas na páxina oficial do evento, dispoñibles ata o 15 de maio. Os prezos son de 80€ para estudantando e 175€ en modalidade xeral, e contan tamén con descontos para grupos.

Desconto do 50% para soci@s de videoxogo.gal

Esta semana pechouse un acordo de colaboración entre Mundos Digitales e Videoxogo.gal para que os nosos socios e socias podan beneficiarse dun desconto do 50% no prezo da entrada.

O único que tedes que facer é enviarnos unha solicitude ao noso correo info@videoxogo.gal co nome completo da persoa solicitante e un correo de contacto.

Lembrade que as prazas son limitadas.