Un ano mais, Videoxogo.gal e Mundos Digitales achegan posturas para a colaboración conxunta das dúas entidades.

Mundos Digitales, un dos máis importantes congresos de Animación, Efectos Visuais e Novos Media, celebrará unha a súa vixésimo terceira edición entre o 4 e o 5 de xullo, en A Coruña no Palexco.

Desconto do 50% para soci@s de Videoxogo.gal

Este ano tamén dende Mundos Digitales e Videoxogo.gal queremos ofrecer unha oferta para que os nosos socies poidan beneficiarse dun desconto do 50% no prezo da entrada. Esta oferta está aberta só para profesionais, non para estudantes. Lembrade que as prazas son limitadas.

Gustaríache expor o teu xogo en Mundos Digitales?

Dende Videoxogo.Gal estamos a buscar membres que teñan proxectos para expoñer no noso stand de Mundos Digitales deste ano. Será unha moi boa oportunidade para amosar os nosos proxectos diante dun público profesional internacional.

O único que tedes que facer tanto para solicitar as entradas como para solicitar un espazo no stand é enviarnos unha solicitude ao noso correo info@videoxogo.gal, co nome completo da persoa solicitante e un correo de contacto.