LUA Gaming é o primeiro equipo de esports de Galicia. Nace co obxectivo de revoluiconar o ecosistema dos videoxogos e competir ao máis alto nivel en torneos nacionais e interncionais.

Esta iniciativa quere crear experiencias únicas, contando con obradoiros didácticos para previr problemas como o cyberbulling, academias para o desenvolvemento do talento local ou a creación de contidos adaptados ás novas formas de consumo.

LUA Gaming aparece como unha ferramenta educativa e de integración social, polo que será un club deportivo que tamén estará dedicado á organización de eventos, á creación de contidos e á educación.

Os responsables deste proxecto xa contan con gran experiencia no sector, pois formaban parte de Kings Dragon, ademais de estar acompañados de Ana Peleteiro, Iago Aspas e Xurxo Carreño como embaixadores.

Logotipo LUA gaming