Waylanders en STEAM

A empresa galega Gato Studio lanzou a súa versión final de The Waylanders o pasado día 2 de febreiro a través da plataforma STEAM. Despois de 4 nos de desenvolvemento, no que se convertiu no proxecto máis ambicioso dos feitos ata o de agora en Galicia. É, de lonxe, o maior proxecto de Gato Studio […]
Game Jam Afonso X e Galicia

A poliédrica figura de Afonso X, o potencial cultural das Cantigas de Santa María ou a Idade Media son os temas que o Consello da Cultura Galega (CCG), xunto coa asociación Videoxogo.gal , propoñen para a realización ou ambientación dun videoxogo. Para iso convocan unha Game Jam a través da plataforma itch.io que estará aberta […]
Meninas Jam

A Universidade da Coruña e a asociación Videoxogo.gal únense para celebrar unha jam de videoxogos online do 18 ao 25 de xullo co obxectivo de fomentar o espírito creativo e o interese polo desenvolvemento de videoxogos.A Universidade da Coruña conta cunha importante oferta para a formación de profesionais orientados á industria dos videoxogos. En 2018 […]
Coruña Digital Lab dinamiza o sector local dos contidos dixitais interactivos

Este martes celebrouse Coruña Digital LAB, iniciativa que busca promocionar o sector dos contidos dixitais interactivos para dinamizar e potenciar este tecido empresarial rexional xuntando a representantes da Administración, a formación e o sector profesional. Código Cero recolleu información do evento e en Radio Coruña entrevistaron a Manuel Meijide, director de Mundos Digitales e vicepresidente […]
Premio á Innovación no emprendemento para Gato Studio

O estudio da Coruña recibiu esta semana un dos premios á innovación galega que concede La Voz de Galicia en colaboración con Vodafone. Estes galardóns recoñecen o traballo da Galicia que aposta polo I+D+i e a mellora constante como vehículo para gañar competitividade e, á vez, crear riqueza e promover o desenvolvemento da comunidade. Gato […]
CORUÑA DIGITAL LAB

Coruña Digital LAB é unha iniciativa de Mundos Digitales que busca promocionar o sector local dos contidos dixitais interactivos para dinamizar e potenciar este tecido empresarial na Coruña. Terá lugar o próximo martes, 28 de xaneiro ás 19h na sede de A Fundación. A inscrición é obrigatoria e gratuíta. Podes encontrar máis información e o […]
Videoxogos no Culturgal

Este ano os videoxogos terán ampla presenza na feira das industrias culturais. Videoxogo.gal coordina a zona de stands onde contaremos coa presenza de Gato Salvaje, Mundos Digitales, imaxin|software, e-Polygon, Revista Morcego, KST e a Universidade da Coruña. O venres 29 celebrarase a I Xornada do videoxogo, un evento de posta en común de experiencias e […]
Xornada Women in Games

O día 12 tivo lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC a 3ª xornada Women in Games. Nesta ocasión o evento contou con catro profesionais do sector que nos falaron do seu traballo e deron consellos técnicos ao alumnado e asistentes ao evento sobre deseño de personaxes, creación de […]
Xornadas de Produción de videoxogos no CIFP Imaxe e Son

Os días 7 e 8 de novembro participamos nas xornadas de produción de videoxogos organizadas no CIFP Imaxe e Son da Coruña. Luz Castro deu a coñecer a asociación e falou das nosas actividades e proxectos de futuro. As xornadas tamén foron un punto de encontro das empresas asociadas e futuros socios. Por alí pasaron, […]
Videoxogos e animación 3D na Xornada final de Tech Kids

O 27 de outubro tivo lugar a Xornada final de Tech Kids na Cidade da Cultura, onde Manuel Meijide participou no taller “Converte o mundo dos videoxogos e a animación 3D no teu futuro profesional“, onde os participantes, nenos e nenas a partir de 14 anos, tomaron contacto co sector da animación 3D, os videoxogos, […]