Novo convenio con Dinahosting para os membros de Videoxogo.gal

Videoxogo.gal e Dinahosting únense para ofrecer vantaxes aos nosos socios
Desde Videoxogo.gal estamos encantados de anunciar a nosa colaboración con Dinahosting, unha das empresas líderes en servizos de aloxamento web e dominios. Grazas a este acordo, os nosos socios poderán beneficiarse dun 10% de desconto na contratación de novos servizos de Dinahosting como dominios, hosting, hosting para wordpress, correo, servidores, etc…
Este convenio é un paso máis no noso compromiso por ofrecer vantaxes e recursos aos profesionais e empresas do sector dos videoxogos en Galicia. Se es socio de Videoxogo.gal e queres aproveitar esta oferta, só tes que contactar con Dinahosting a través do correo comercial@dinahosting.com indicando a túa condición de membro da asociación.
Agradecemos a Dinahosting o seu apoio ao noso sector e esperamos que esta colaboración sexa de gran utilidade para toda a nosa comunidade. Seguiremos traballando para ofrecer máis oportunidades e recursos aos nosos socios!