A UDC participará no proyecto Erasmus+ Incorporating Interdiscipinarity in Secondary School Education Using Conflict Video Games (InterGames). O seu obxectivo principal é mellorar os plans de estudo da educación secundaria en Europa, así como as capacidades dos alumnos e docentes, coa introdución de enfoques interdisciplinares a través de videoxogos de conflito.
Este esforzo colaborativo busca desenvolver o pensamento crítico, a capacidade de resolución de problemas e a intelixencia emocional do alumnado. Pretende armar aos estudantes de entre 14-16 anos con estas habilidades esenciais requeridas para o día a día. O enfoque dos videoxogos parte de que se trata da forma dominante de entretemento e interacción social nestes rangos de idade, algo que se viu acentuado pola pandemia do COVID-19.
O proxecto europeo de innovación docente está coordinado pola asociación Südwind, en Austria. Ademáis, conta coas asociación Citizens In Power (Chipre) e Progettomondo (Italia); a empresa Helixconnect (Rumanía); dous centros educativos en Austria e Suecia; e a propia Universidade da Coruña (UDC).
En representación da UDC, liderará o proxecto Luz Castro, coordinadora do Máster en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos no Campus de Ferrol, e actual presidenta de videoxogo.gal. Contará co apoio de Ana Ares, profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial; e dous profesores da Facultade de Ciencias da Educación, María Bobadilla e Eduardo Barros.
#InnovaciónDocenteCIF InterGames pretende mellorar os plans de estudo da educación secundaria en Europa e potenciar as capacidades do profesorado e máis do alumnado mediante a introdución de enfoques interdisciplinares a través dos #videoxogos de conflito @UDC_gal @epef_udc pic.twitter.com/16Cxsj5Nsu
— Campus Industrial (@CIFerrol) April 23, 2024