
A partir desta semana, o Museo Centro Gaiás porá á disposición dos visitantes unha nova experiencia interactiva de realidade virtual, O Galiverso dos Museos. A través dos lentes, poderán visitar os 11 museos que compoñen a Rede Galega de Museos da Xunta dende a propia Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
O Museo de Gaiás e a iniciativa de Galiverso xa nos permitira ver en primeira persoa algúns dos elementos máis emblemáticos do patrimonio galego, coma a cripta da Catedral de Santiago, a Torre de Hércules ou a Galicia baixo as augas, na experiencia Galiverso Somerxido.
Todas estas experiencias contaron coa colaboración de Maxina, unha das nosas socias, que traballou coa Xunta de Galicia e un amplo equipo de profesionais para poder conservar dixitalmente este noso patrimonio.
O Galiverso dos Museos estará dispoñible aos maiores de 8 anos, e a entrada será de balde con reserva previa de praza. Cada sesión dura aproximadamente 25 minutos.
Podedes visitar a páxina da Cidade da Cultura para obter máis información e consultar horarios, ou reservar prazas en Ataquilla.
🔲 GALIVERSO | Visitar ata 11 museos de Galicia a través dunhas lentes | É proposta da nova edición de realidade virtual instalada na @CidadedaCultura, en Santiago | A actividade abre mañá ao público | @Raquel_P_Crego | https://t.co/gRSfui4BlL pic.twitter.com/tpl80OS9Mk
— RTVEGalicia (@RTVEGalicia) March 25, 2024
