O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra celebra a súa 25ª edición, que ten lugar no Pazo da Cultura, no Recinto Feiral e no Teatro Principal; e que sigue a temática central da “Maxia”.

O evento conta cun amplo programa cheo de obradoiros, sesións de contos, exposicións, teatro, concertos e outras moitas actividades de balde. Estas abranguen campos como a lectura, a cociña, a creatividade, a música ou a cultura catalá, o convidado especial deste Salón do Libro.

Entre todas estas actividades, atópase o obradoiro “A Maxia dos Videoxogos”, organizado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia (MUVI). Trátase dunha exposición acompañada de talleres e diversas propostas de entretemento relacionadas coa programación, deseño e, como non, o videoxogo.

O Salón rematará este 17 de marzo, pero inda se poden reservar as entradas na súa páxina oficial.