“Videoxogos no salón” terá lugar no salón do libro de Pontevedra entre o 21 de abril e 7 de maio.
Unha cita na que a literatura e os videoxogos comparten espazo nun contexto de cultura.
O espazo do Museo do Videoxogo contará con videoconsolas, ordenadores e consolas portátiles dos anos 80, 90 e principios do 2000.
O 3 de maio haberá unha sesión que conectará o mundo dos videoxogos e os xogos de mesa en colaboración coa Asociación Lúdica de Pontevedra Rotting Pizza.
