O equipo de Polygon.e Studios. Portada do artigo web creada polo Faro de Vigo.

O Faro de Vigo produciu un interesante artigo sobre o sector dos videoxogos en Galicia, no que fala das distintas propostas de desenvolvemento que hai na nosa comunidade.

En tres páxinas, explora os traballos de Purpure Studio (Evering), o desenvolvedor en solitario ViJuDa (Super Woden GP) e o noso socio, PolygoneStudios. Deste último, menciona CrickToGame (2018), o primeiro videoxogo galego estreado en Nintendo Switch, e a súa labor creando xogos serios.

O artigo ocupou a portada de Estela+, o suplemento dominical do Faro De Vigo, o 18 de maio; pero tamén o podedes atopar na súa edición web.