ASOCIACIÓN
XUNTA DIRECTIVA
IMAXIN|SOFTWARE
Luz Castro
Presidencia
MUVI - MUSEO DO VIDEOXOGO
Jacobo Martínez
Vicepresidencia
MUNDOS DIGITALES TRANSMEDIA
Manuel Meijide
Tesourería
LUA Gaming
Hugo Botana
Secretaría
POLYGONE STUDIOS
Miguel Areán
Vogal
VANDAL
Pablo Grandío
Vogal
Félix Menéndez
Vogal
Nacho Pintos
Vogal
OBXECTIVOS
Potenciar e defender o talento creativo galego para lograr un sector o suficientemente grande para reter e potenciar a nosa propiedade intelectual
Favorecer o contacto entre os operadores pertencentes ao sector para obter sinerxias.
Promover e fomentar a industria Galega da produción de entretemento dixital.
Promover a produción de entretemento dixital como unha actividade relevante e innovadora dentro das industrias do lecer, cultura, industria 4.0 e tecnoloxías da información.
Fomentar a competitividade e a internacionalización das empresas Galegas dedicadas ao desenvolvemento de videoxogos e lecer interactivo.
Fomentar o desenvolvemento dunha industria sectorial ao redor da produción de entretemento dixital.
Fomentar a innovación, o desenvolvemento creativo e as capacidades en I+D+i do sector.
Fomentar o recoñecemento en Galicia e a súa contorna cultural do entretemento dixital como produto cultural.
Representar os intereses económicos, culturais, sociais e profesionais dos produtores galegos de software de entretemento fronte a organismos e foros de representación, tanto autonómicos, nacionais como internacionais.
Colaborar coas autoridades competentes e administracións en toda clase de traballos, estudos, investigación de mercados, propostas de lexislación, promoción e potenciación de actividades formativas, propostas de I+D e canto puidese ser necesario para contribuír ao desenvolvemento do sector e a súa achega ao conxunto de modernización do noso país no ámbito das Tecnoloxías da Información.
ACTIVIDADES
Para o cumprimento destes fins realizaranse, na medida que o permitan os seus medios económicos, sen carácter exhaustivo nin excluínte, as seguintes actividades, ben por si mesma, ben en colaboración con outras institucións ou centros, públicos ou privados:
Establecer servizos comúns de carácter técnico, formativo, informativo, xurídico, económico, social e de calquera outra índole que sexan necesarios ou convenientes para a mellor atención dos intereses da Asociación e os seus afiliados.
Asumir a representación das aspiracións empresariais do sector ante os órganos da Administración local, provincial, autonómica, nacional e internacional, ou calquera outro organismo.
Establecer as canles adecuadas para a ligazón e a creación de sinerxias entre as empresas asociadas e a cooperación coas universidades e centros de desenvolvemento tecnolóxico.
Promover e fomentar a creación e desenvolvemento de software e servizos interactivos de entretemento orientados ao desenvolvemento cívico, educativo e cultural das actuáis xeracións.
Dar a coñecer a verdadeira imaxe empresarial do sector, difundindo a mesma ante a opinión pública a través dos medios de comunicación.
Difundir a experiencia e internacionalización das empresas asociadas e promover a exportación dos produtos desenvolvidos por estas.
Fomentar, a través da produción de software de entretemento, unha industria creativa e cultural propia, facilitando as condicións de interlocución con administración autonómicas, nacionais e internacionais.
Fomentar a colaboración entre empresas do sector, promocionando e creando servizos comúns e de formación que repercuta en melloras sociais, económicas e de competitividade do sector e en especial dos asociados.
Promover unha “denominación de orixe” sinónima de calidade e innovación como unha forma máis de internacionalizar e promover a nosa cultura.
Promover modelos de organización, medios persoais e materiais adecuados, axudas que permitan garantir o desenvolvemento interno dos asociados para a súa evolución empresarial e apoio no cumprimento dos fins estatutarios comúns.
Propoñer directrices para unha mellor práctica das actuacións dos asociados. A súa aplicación tanto en produto como na imaxe de industria e fomento da investigación nas novas plataformas tecnolóxicas como ferramentas culturais e de promoción de valores para as xeracións presentes e futuras.