#PlayEquall é unha campaña que busca contribuír a xerar unha cultura que respete e fomente a expresión individual, independentemente de factores como o xénero, nacionalidad, orientación sexual, relixión, discapacidade, idade ou situación socioeconómica no sector dos videoxogos e contidos interactivos.

Trátase de crear un sector máis diverso na inclusión e tolerancia e usar os videoxogos como unha ferramenta para unir a sociedade.

#PlayEquall comprométese a defender a diversidade e a igualdade, implementar os valores nomeados anteriormente, acompañar e adaptar os procesos do persoal, enfrontarse activamente aos abusos de poder e acoso, considerar todos os aspectos da diversidade e igualdade nos xogos, equipos, eventos… e traballar para unha representación equitativa da sociedade.

Dende Videoxogo.gal xa nos sumamos a esta iniciativa e somos unha das entidades firmantes da campaña #PlayEquall.

Deixámosvos o enlace á web para que poidades visitala: