O estudio da Coruña recibiu esta semana un dos premios á innovación galega que concede La Voz de Galicia en colaboración con Vodafone.
Estes galardóns recoñecen o traballo da Galicia que aposta polo I+D+i e a mellora constante como vehículo para gañar competitividade e, á vez, crear riqueza e promover o desenvolvemento da comunidade.
Gato Salvaxe naceu no 2010 na Coruña. Pioneira en crowdfunding (financiamento mediante micromecenazgo) en España, esta firma de videoxogos creceu apoiándose «na formación, na contratación de talento galego e na innovación». Rebautizada como Gato Studio, na actualidade distribúe os seus produtos en 162 países desde A Coruña. «A produción de videoxogos é cultura innovadora», sinalan desde a compañía, cuxo xogo The Waylanders levará os mitos e lendas galegas a todos os recunchos do mundo.
Máis información en La Voz de Galicia.