Premios ETIV-Uvigo 2025

Este venres, día 30 de maio, celebrarase a III Edición dos Premios ETIV-Uvigo, ao amparo da Universidade de Vigo e organizada polo grupo de investigación en Tradución e Paratradución, o Máster en Tradución para a Comunicación Internacional e o Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo. Este ano, o evento terá lugar no Centro Comercial Vialia – Estación de Vigo (zona de restauración – foodcourt) e contará con dúas partes:

– Ás 18:00 h, haberá un trivial para poñer a proba os coñecementos sobre videoxogos de toda persoa que se queira achegar por alí. Poderán participar ata 100 persoas e o premio será un cheque por cortesía da FNAC.

– Ás 19:00 h, comezará a gala de entrega dos premios propiamente.

Todo isto amenizado con música, vídeos e moita paixón polos videoxogos!

Garda a data!