Presentación dos proxectos da convocatoria ás axudas do AGADIC en "Videoxogar Galego"
O pasado 26 de abril, José López Campos, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, Jacobo Sutil, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Galo e Jacobo Martínez, fundadores do Museo do Videoxogo (MUVI) e Rubén Calles, presidente da asociación Videoxogo.gal, presentaron os 8 proxectos fináis da convocatoria as axudas para o desenvolvemento do sector dos videoxogos lanzadas este ano pola Xunta de Galicia, cun investimento total duns 150 000 euros.
Neste acto, nas propias instalación do MUVI en Cangas do Morrazo, cada un dos estudos mostraron trailers e concept arts de cada un dos seus proxectos. Ademáis destacouse o apoio mutuo entre cada unha das institucións e entidades como MUVI, AGADIC e Videoxogo.gal para impulsar e fortalecer o talento e potencial creativo e tecnolóxico da industria do videoxogo en Galicia, así como o apoio para a chegada de contidos galegos e en galego, a creación de novas oportunidades para a xeración de empleo como a incorporación de máis mulleres aos diferentes equipos e estudos na contorna galega.
Este encontro enmárcase como o resultado do proceso de diálogo entre as administracións e Videoxogo.gal, iniciado o pasado 14 de xaneiro co conselleiro e AGADIC no que exploramos as diferentes vías de acción conxuntas para impulsar o desenvolvemento e a profesionalización do sector en Galicia, atendendo da manera máis específica e útil posible a idiosincrasia das productoras e estudos que traballan na nosa terra.