ACTIVIDADES

Para o cumprimento destes fins realizaranse, na medida que o permitan os seus medios económicos, sen carácter exhaustivo nin excluínte, as seguintes actividades, ben por si mesma, ben en colaboración con outras institucións ou centros, públicos ou privados:

Establecer servizos comúns de carácter técnico, formativo, informativo, xurídico, económico, social e de calquera outra índole que sexan necesarios ou convenientes para a mellor atención dos intereses da Asociación e os seus afiliados.

Asumir a representación das aspiracións empresariais do sector ante os órganos da Administración local, provincial, autonómica, nacional e internacional, ou calquera outro organismo.

Establecer as canles adecuadas para a ligazón e a creación de sinerxias entre as empresas asociadas e a cooperación coas universidades e centros de desenvolvemento tecnolóxico.

Promover e fomentar a creación e desenvolvemento de software e servizos interactivos de entretemento orientados ao desenvolvemento cívico, educativo e cultural das actuáis xeracións.

Dar a coñecer a verdadeira imaxe empresarial do sector, difundindo a mesma ante a opinión pública a través dos medios de comunicación.

Difundir a experiencia e internacionalización das empresas asociadas e promover a exportación dos produtos desenvolvidos por estas.

Fomentar, a través da produción de software de entretemento, unha industria creativa e cultural propia, facilitando as condicións de interlocución con administración autonómicas, nacionais e internacionais.

Fomentar a colaboración entre empresas do sector, promocionando e creando servizos comúns e de formación que repercuta en melloras sociais, económicas e de competitividade do sector e en especial dos asociados.

Promover unha “denominación de orixe” sinónima de calidade e innovación como unha forma máis de internacionalizar e promover a nosa cultura.

Promover modelos de organización, medios persoais e materiais adecuados, axudas que permitan garantir o desenvolvemento interno dos asociados para a súa evolución empresarial e apoio no cumprimento dos fins estatutarios comúns.

Propoñer directrices para unha mellor práctica das actuacións dos asociados. A súa aplicación tanto en produto como na imaxe de industria e fomento da investigación nas novas plataformas tecnolóxicas como ferramentas culturais e de promoción de valores para as xeracións presentes e futuras.