Polo de aceleración dos videoxogos
Contías recibidas en especie, en forma de mentorías, formación e participación en eventos e feiras do sector, incluindo difusión e comunicación dos proxectos, rematando coa súa presentación pública final ante diversos axentes do sector.
Duración: 6 meses. 40 hrs de consultorías individuais e 40 hrs comúns ao sector, 10 hrs de mentorización, entre 4 e 8 hrs en xornadas. Ademáis, consultaría de seguimento aos casos de éxito desde videoxogo.gal.
O modo de participación nas actividades será híbrido, apostando por actos presenciais nas consultorías grupais e outras actividades.
As mentorías, xornadas e asesorías serán impartidas por profesionais recoñecidos nas diversas áreas (internacionalización, legal, marketing, financiamento, casos de éxito, boas prácticas, etc.)
Dirixido a persoas físicas (autónomos) ou xurídicas con menos de 24 meses de existencia (modificación sobre a primeira convocatoria), con alta no IAE en epígrafes 763, 355.2, 845, ou 899.
Documentación a presentar: documentación administrativa, dossier de empresa e dossier do proxecto.? Presentación de solicitudes en Sede Electrónica Xunta ata o 1 de xullo.
Axudas á promoción de videoxogos
Subvención de proxectos dirixidos ao desenvolvemento dun videoxogo en todo o seu proceso de creación, deseño e programación, comercialización, distribución e difusión, na súa fase de prototipo, ainda non publicado.
- Contías Modalidade A: Proxectos cun orzamento subvencionabe de 200.000 eur, a intensidade da axuda poderá ser do 25% do gasto subvencionable e unha contía máxima de 100.000 eur.
- Contías Modalidade B: Proxectos con un orzamento subvencionable mínimo de 40.000 eur e máximo de 200.000 eur, a intensidade da axuda poderá conseguir o 75% dogasto subvencionable ata 50.000 euros.
- Dirixido a persoas físicas (autónomos) ou xurídicas do sector dos videoxogos, con sede en Galicia? Presentación de solicitude na Sede Electrónica da Xunta ata o 20 xuño 2022
- Descarga da convocatoria en agadic.gal
Programas financiados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.