A Xunta de Galicia e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) presentaron o mes pasado estas subvención dirixidas a aqueles que querían distribuir as súas obras en eventos máis aló da nosa comunidade. Cun orzamento de 70.000€ pretenden exportar as nosas obras no territorio nacional e internacional.
As axudas están orientadas ás obras audiovisuais galegas, especialmente o cine. Con todo, si que oferta axudas limitadas na Modalidade A para a “asistencia de foros de negocio especializados” no caso dos videoxogos. Esta é aplicable uns cantos foros selectos: Gamescom (Colonia; máximo de 1300€), Gamépolis (Málaga; máx. 600€), IndiDevDay (Barcelona; máx. 600€) e Bigconference (Bilbao; máx. 600€).
Se a asistencia fose virtual, o gasto subvencionable sería a cuantía invertida no rexistro dese foro; e a cuantía máxima que pode recibir cada entidade solicitante é 3.520€.
O prazo de solicitude remata o 4 de novembro de 2024.
Para máis información, deixámosvos a resolución do DOG e o portal de solicitude.