O pasado venres, 30 de maio, Alba Calvo, a nosa vicepresidenta, e máis Rafa Alcalde, da secretaría, asistiron á celebración da III Edición dos Premios ETIV-Uvigo, que este ano volveu recoñecer o labor dos profesionais da localización de videoxogos, grazas aos que podemos disfrutar dos nosos xogos favoritos nunha lingua que comprendemos. A gala de entrega de premios contou con oito categorías, a saber:

Ata o C. C. Vialia – Estación de Vigo achegáronse tamén a socia e antiga vogal Concha González e o socio honorífico Yova Turnes, fundador de Devuego e DoblajeVideojuegos. Entre as autoridades, destacaron María Isabel del Pozo, vicerreitora de internacionalización de Universidade de Vigo; Lara Meneses, exalumna do Título Propio de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e actual directora xeral de xuventude da Xunta de Galicia; e Carlos López Font, o portavoz do Concello de Vigo.

Segundo o comité organizador, composto por Ramón Méndez, Óscar Ferreiro e Emmanuel Bourgoin, «este proxecto nace co obxectivo de visibilizar e recoñecer o traballo dos profesionais que se dedican á localización de videoxogos ao mesmo tempo que se intenta dar a coñecer esta disciplina ao público xeral».

Para amenizar os momentos previos á gala, tamén montaron un Trivial sobre cultura de videoxogos (cunha tarxeta regalo da Fnac como incentivo) para que todo o que pasara por alí puidera xogar e poñer a probar os seus coñecementos.