“Soutomaior de libro” tivo lugar o 22 de abril en Arcade (Soutomaior). Intentouse que, tanto grandes como pequenos, atopasen a relación entre os videoxogos e os libros.
No evento houbo unha mesa redonda presentada por Miguel Areán de PolygoneStudios e que contou como convidados con Ramón Méndez (destacado tradutor de videoxogos e un dos responsables do ETIV), María Villar (doutoranda que emprega os videoxogos como ferramenta para ensinar o idioma español a persoas estranxeiras) e Iago Gordillo, imaxe da canle de Twitch “Recuncho Gamer”.
Ademais, contaron cun stand interactivo no que xogar a catro videoxogos baseados en libros.
Para os máis cativos houbo obradoiros de Pless, unha ferramenta dixital desenvolvida por Iván Montes coa colaboración de PolygoneStudios orientada a que rapazada mellore as súas capacidades tanto matemáticas como lingüísticas a través do xogo.