Este ano os videoxogos terán ampla presenza na feira das industrias culturais. Videoxogo.gal coordina a zona de stands onde contaremos coa presenza de Gato Salvaje, Mundos Digitales, imaxin|software, e-Polygon, Revista Morcego, KST e a Universidade da Coruña.

O venres 29 celebrarase a I Xornada do videoxogo, un evento de posta en común de experiencias e coñecemento relacionados coas últimas tendencias do sector desde unha perspectiva profesional e técnica. Profesionais das diferentes áreas de traballo da industria compartirán cos asistentes experiencias e coñecemento de utilidade sobre diferentes aspectos técnicos, empresariais e legais do desenvolvemento dos videoxogos.

17:30h – Presentación da xornada: Jacobo Sutil (director da Agadic) e Manuel Meijide (vicepresidente Videoxogo.gal)

17:45.- Mesa redonda: O Videoxogo galego ás portas do 2020.

Interveñen: Miguel Areán (e-Polygon), María Fernández Hermida (deseñadora de contornas), Antonio Seoane (coordinador do mestrado en Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos da UDC) e Anxo Lorenzo (director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia). Modera: Luz Castro (Videoxogo.gal)

19:00.- Presentación de proxectos singulares no esceario do videoxogo galego:

Vémonos do 29 de novembro ao 1 de decembro no Culturgal!