Desde o pasado mes de setembro, os videoxogos teñen o seu espazo no Diario Cultural da Radio Galega, o espazo que informa de todo o que acontece en Galicia relacionado coa cultura.
Os mércores de 10:30 a 11:00h, cada 15 días, Luz Castro fala do sector e das novidades, con especial atención aos proxectos galegos, os títulos independentes e aqueles que nos dan algo máis que entretemento.
Deixámosvos aquí o último programa, no que falan de slow gaming, videoxogos tranquilos para relaxarse.
http://www.diariocultural.gal/colaboracion/slow-gaming-videoxogos-sen-presas/