Imaxe publicitaria de Xerme, de Acariño Games.

Xerme, o primeiro proxecto interactivo de Acariño Games foi un dos títulos que participaron en Ñ3, a conferencia de videoxogos de España e Latinoamérica promovida polo streamer Yuste.

Nas redes podemos comprobar as reaccións ao xogo. Segundo os creadores foi unha experiencia marabillosa e destacan que tivo moito máis impacto que calquera feira anterior, subindo case 500 wishlist desde o evento.